O NOSO EQUIPO
Escola de Arte Caliveras
NOLO CHAZO
Batería, Batucada e Combo
Con máis de quince anos de experiencia en directo e en estudo, Nolo asisteu a clase con varios profesores de batería e de percusión. Obtivo títulacións oficiáis Rockschool e comezou a traballar de profesor nunha das escolas máis punteiras de Galicia, a escola compostelana A Casa Do Rock, impartindo iniciación á música, batería e combo.
Foi batería de directo coma de estudio con numerosas bandas de Galiza. Actualmente atópase traballando coa Mekánika Rolling Band, Battosai e Brinkadelia Troupe e esponsorizado por Bosphorus Cymbals e Wincent Drumsticks, dúas marcas de renome de pratos e baquetas repectivamente.

PEDRO FALCÓN
Guitarra e baixo
Pedro, orixinario de Vilagarcía, leva tocando a guitarra desde que era un neno, desenvolvendo unha paixón e habilidade excepcionais ao longo dos anos.
Pedro non é só un guitarrista talentoso, senón tamén un profesor especial que destaca polo seu enfoque innovador e a súa capacidade para adaptarse ás necesidades de cada alumno. O seu método de ensino é único, combinando técnicas tradicionais con novas metodoloxías para asegurar que cada estudante, sen importar o seu nivel, poida alcanzar o seu máximo potencial.Ademais, Pedro demostrou o seu compromiso coa comunidade impartindo clases gratuítas no centro cultural de O Piñeiriño, onde inspirou a moitos mozos a descubrir e amar a música.
Actualmente, Pedro está en pleno desenvolvemento co seu grupo Os Imperfectos, que lanzaron un novo single que está recibindo excelentes críticas. Esta experiencia no mundo da música profesional engade un valor incalculable ás súas clases, ofrecendo aos estudantes unha perspectiva real e actual do mundo musical..

GLORIA VÁZQUEZ
Piano
Gloria naceu en Vilanova e desde moi pequena amosou un gran interese pola música. Comezou a estudar piano aos 6 anos na Escola de Música de Vilanova e continuou a súa formación no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía, onde completou o grao profesional.
Posteriormente, Gloria graduouse na Universidade de Santiago de Compostela (USC) como mestra de educación primaria con mención en educación musical. Desde 2019, estivo impartindo clases particulares de piano e linguaxe musical, acumulando unha valiosa experiencia na ensinanza personalizada.Para Gloria, un dos aspectos máis importantes cando un alumno decide comezar a tocar un instrumento ou estudar música é que o faga por paixón e non por obriga. Por iso, esfórzase en adaptar as súas clases a cada neno e ao seu nivel correspondente, facéndoos partícipes da súa propia aprendizaxe e tendo en conta tanto as súas necesidades como os seus gustos particulares.

XOÁN R.M. Abalo
Gaita e percusión tradicional
Xoán iniciouse na gaita e no tambor a fináis dos anos 80 no grupo da súa aldea natal, A Laxe, en Vilagarcía de Arousa. Formou parte do grupo de baile tradicional "REVENIDAS" de Vilaxoán. En 1995, fundou con Carlos Rey o grupo "Os Terribles de Arousa", con quen gravou cinco discos, o último titulado "Barrabás".
Dende principios dos 90, imparte clases de gaita e percusión en asociacións culturáis, grupos folclóricos e colexios públicos. Co seu grupo "Os Terribles" actuou en numerosas festas e concertos, pero tamén colaborou con outros grupos dentro e fora de Galicia.Adícase á reparación e posta a punto de gaitas, ofrecendo recambios a prezos accesibles para os seus alumnos. Actualmente, está a fabricar o seu primeiro tambor tradicional para uso profesional e como bo investigador, realizou medicións de gaitas e tambores antigos, co obxectivo de publicar datos para a fabricación de reproducións fieis dos instrumentos tradicionais.

SEBATIÁN CAMACHO
Plástica
Sebas defínese como cre-eador: dedícase a crear e a creer na voz propia. Él ten claro que cada un de nós temos un xeito diferente de transmitir e mostrar interese nese universo interior que constrúe a realidade individual. Gústalle especialmente enfatizar no estilo propio de cada persoa.
Formouse nas belas artes entre Galicia e Madrid i especializouse na investigación é creación artística, onde destaca nos seus traballos como muralista. Ten exposto seu traballo en diferentes lugares, como Portugal, Italia, Madrid, Barcelona , Sevilla ou Galicia.
Actualmente dedícase á docencia e dispón dunha galería e estudo de arte na illa de Arousa que se chama 'Vinde Ver', un espazo onde ten expostos e a venta algúns dos seus traballos. Máis info en www.sebaspintandola.com ou no seu perfil de Instagram @sebaspintandola.

ROCÍO GONZÁLEZ
Teatro
Rocío é unha vilanovesa afincada en Santiago de Compostela, formouse en interpretación na escola Espazo Aberto de Santiago de Compostela durante os anos 1998 e 2002.
Comezou a súa carreira profesional no ano 2002 da man da compañía A Factoría Teatro traballando como actriz en seis das súas producións. Tamén traballou en varios montaxes do Centro Dramático Galego e con compañías galegas como Lagarta Lagarta, A Contrabutaca, Teatro de Ningures, Eme2, Contraproducións e Marelas Producións, en espectáculos infantís e de adultos. Tamén participou en capítulos episódicos como actriz de reparto en diferentes series da televisión de Galicia e no ano 2020 foi galardoada co Premio María Casares á actriz protagonista, todo un luxo contar con ela no equipo.

LÚA FERNÁNDEZ
Artesanía
Lúa é de Tui pero leva afincada en Vilanova dende hay 6 anos, a súa paixón pola artesanía ven de familia ainda que de diferentes gremios, canteiros, traballadoras da lá afieltrada, ilustradoras... Máis ela se sentiu sempre atraída polo traballo en coiro.
Estivo formándose de forma autodidacta dende os 15 os 24, ata que conseguiu entrar na Escola de Artes en Oficios de Vigo que ten prazas limitadas para os cidadás vigueses, foron 5 anos de formacíón co seu gran Mestre Pepe Pereira , e diversas formacións extras con Artesás de diferentes partes do mundo dende Texas ata Colombia, tamen tivo a sorte de asistir a unha formación co Premio Nacional de Artesanía Jose Luis Bazan. Tamén obtivo dous anos o 1º premio do concurso de Nadal da Emao e outro ano un 2ºposto. Agora esta a traballar para sacar a súa tenda online a parte de facer encargas personalizadas o gusto do cliente, e tamén apostando pola formacíon xa que lle encanta levar os demais este precioso traballo, e tamén mostrar que traballar cas mans e crear pezas dende cero pode ser unha gran terapia.
Cabe destacar que o coiro que emprega tantos nos cursos que imparte como nas pezas que elabora e todo de orixe galego de gando destinado a consumo cárnico e de curtido vexetal.

AIDA TORRADO
Fotografía e manualidades
Aida, orixinaria de Vilanova de Arousa, é unha apaixonada do sector audiovisual. Formouse no IES Audiovisual de Vigo, onde se especializou como Operadora de cámara e Directora de Fotografía. Cunha experiencia de 7 anos no sector, Aida traballou nunha ampla variedade de proxectos a nivel galego, incluíndo videoclips, curtametraxes e documentais.
Entre os seus traballos máis destacados atópase o documental “Obra Morta”, polo cal recibiu o premio Ostra de Pedra á mellor imaxe. Ademáis, participou en longametraxes como “9 Fugas”, dirixida por Fon Cortizo, unha película que foi galardoada en varios festivais internacionais.
Aida é tamén unha orgullosa representante da xeración Art Attack, o que a converte nunha experta “manitas”. Na nosa escola, ademais das súas clases de fotografía, imparte clases de manualidades para nenos e nenas de 4 a 6 anos. Nelas, @s máis pequen@s explorarán o arte de reciclar e darlle unha nova vida a elementos que moitos consideran lixo. A través destes valores, serán capaces de desenvolver a súa creatividade, paciencia e motricidade.
