QUÉ PODO APRENDER?
Escola de Arte Caliveras
TEATRO
O obxectivo das clases de artes escénicas é achegarnos ao feito teatral a través da improvisación e de xogos, sendo conscientes das ferramentas que temos para traballar como son o noso corpo e a nosa voz. Proporemos divertidos xogos colectivos, adaptados ás idades e necesidades de cada grupo e intenteremos achegarnos a textos teatrais. Traballaremos co corpo, coa memoria e coa voz tanto a nivel individual como colectivo, e tamén co talento e imaxinación de cada persoa.
PLÁSTICA
En artes plásticas aprenderemos sobre comunicación visual, elementos de expresión, uso das cores e texturas, etc. Tamén daremos varias técnicas de debuxo, pintura, escultura e outras modalidades das artes plásticas, deixándo voar a imaxinación para sacar o artista que levamos dentro! Para @s peques da casa temos manualidades moi chulas que de seguro que lles farán volcarse de cheo no mundo do arte. Tamén estudaremos a relación do cine e a música coas artes plásticas e incluiremos clases específicas sobre o cómic, deseño gráfico e incluso graffiti.
Como mestre, contamos con Sebastián Camacho. Él defínese como cre-eador: dedícase a crear e a creer na voz propia. Ten claro que cada un de nós temos un xeito diferente de transmitir e mostra interese nese universo interior que constrúe a realidade individual. Gústalle especialmente enfatizar no estilo propio de cada persoa.
BATERÍA
Nesta asignatura os grupos serán reducidos, tendo en conta a idade e o nivel do alumnado, con un máximo de dúas persoas por clase. Estas clases serán para tódalas idades e niveis, acadando satisfacer as necesidades de cada alumn@. No noso método de ensino tocaremos cancións sen pecharnos a ningún estilo musical. O obxetivo principal é saber tocar unha canción adecuadamente, pero tamén estudaremos técnica e lectura.
Como novidade na zona preparamos a aqueles interesados en obter unha Titulación Oficial Rockschool, cuxo funcionamento é semellante ao conservatorio convencional, pero adicado á música moderna.
As clases serán impartidas por Nolo Chazo, un mestre esponsorizado polas marcas de renome Bosphorus Cymbals e Wincent Drumsticks; e titulado en Rockschool. Con anos de experiencia na docencia ademáis de traballar anteriormente como docente nunha das escolas máis punteiras de Galiza: A Casa Do Rock, en Santiago de Compostela.
BATUCADA
Esta asignatura con orixe brasileiro caracterízase polo seu estilo repetitivo e o seu ritmo acelerado. A menudo se inclúen coreografías sinxelas e aínda que é unha materia musical, non se precisa ter coñecementos sobre ningún instrumento xa que a teoría necesaria non é comparable a outros instrumentos. Por outro lado é un complemento esencial para quen busca mellorar o seu ritmo e traballar a coordinación e o oído. Aínda tendo un orixe brasileiro, incluiremos instrumentos de percusión tradicional galega que todos temos na casa coma sachos, tixolas ou tarteiras.
As clases serán impartidas por Nolo Chazo, un mestre esponsorizado polas marcas de renome Bosphorus Cymbals e Wincent Drumsticks; e titulado en Rockschool. Con anos de experiencia na docencia ademáis de traballar anteriormente como docente nunha das escolas máis punteiras de Galiza: A Casa Do Rock, en Santiago de Compostela.
COMBO
Nesta asignatura colectiva coñeceremos o funcionamento dunha banda indiferentemente do estilo musical que sexa. Teremos en conta conceptos como o traballo do directo e estudo, manexo das redes sociáis e marketing musical entre outros. Deste xeito traballaremos o instrumento nun contexto musical diferente ás clases individuales, onde realizaremos un repertorio incluíndo partes de improvisación e solos, utilizando as técnicas básicas de cada instrumento.
Os combos crearanse en función a unha idade e nivel equitativos e serán impartidos polo mestre Nolo Chazo, un mestre esponsorizado polas marcas de renome Bosphorus Cymbals e Wincent Drumsticks; e titulado en Rockschool. Con anos de experiencia na docencia ademáis de traballar anteriormente como docente nunha das escolas máis punteiras de Galiza: A Casa Do Rock, en Santiago de Compostela.
CANTO
As clases de canto consistirán principalmente en 3 partes; tendo en conta o nivel do/a alumno/a e as súas necesidades: Teoría, Técnica/ Quecemento vocal e Interpretación dunha canción.
Na parte de teórica explicarase como funciona o aparato fonador, respiración, anatomía vocal, como reacciona o noso corpo ao cantar, relaxación, e diferentes exercicios que se desenvolveran no quencemento vocal. Resolvendo tódalas dúbidas que poida haber para que a asimilación e o coñecemento do canto e da nosa voz sexa o máis “visual” e comprensiba posible. (Tipos de voces, posibles lesións, recursos vocales, coidados da voz, tensións vocais e musculares, etc.)
No momento da técnica e quecemento levaranse á práctica os exercicos explicados: Estiramento/ Relaxación, Respiración/ Apoio, Fonación/ Vocalización.
Todo o aprendido porémolo en práctica sobre unha peza musical elixida (si é posible) pol@ alumn@, ou que sexa do seu gusto. O ideal é que a canción elexida sempre esté dentro das súas posibilidades, pero con certa dificultade nalgunhas partes para ir trabllando e ampliando recursos.
PILATES
Elena Saldaña impartirá clases de pilates mat suelo, con elementos, e pilates terapéutico para tódalas idades.
Técnicas moi beneficiosas con exercicios para mellorar a postura corporal e previr lesións físicas ó mesmo tempo que fortaleces e tonificas o músculo.
Pilates axudarate a mellorar a coordinación dos movementos e conseguirás maior flexibilidade e elasticidade.
E MOITAS MÁIS!
Contacta con nós ou mira nas nosas redes sociais.