Somos a nova escola de arte de Vilanova de Arousa! Comezaremos este curso para facer de tod@s nós unha familia de artistas!


Coa Escola de Arte Caliveras espertaremos @ artista que levamos dentro. Ofrecemos un método de ensino enfocado a diferentes disciplinas artísticas como: artes escénicas, artes plásticas, música, baile e asignaturas relacionadas co sector audiovisual como a fotografía. Identificámonos co alumnado e ofrecémoslle un método de aprendizaxe acorde ás súas necesidades e inquietudes, sendo @ alumn@ quen marque o seu ritmo de aprendizaxe.


Sabemos a importancia de obter unha boa técnica, pero a filosofía da escola básase en espertar a paixón en cada un de nós. As materias que ofrecemos están enfocadas a tódolos públicos e idades fomentando a convivencia e o traballo en equipo, pois a maioría das asignaturas son colectivas.No caso dos máis cativos farémoslle ver que a arte é divertida, pero fai falta práctica e constancia.